Como se pode ver nas novas fotografias, o neno segue a medrar dunha maneira desmesurada. Xa que ten agora case cinco meses e estamóslle pondo roupa de nove meses, pero claro cada fabricante ten o seu patrón e non é sempre igual. Bueno que isto vai pra adiante e o neno medrando como debe ser, xa que tamén ten uns pais altos. Saudos primo.
P.D.: Espero subir máis fotos e escribir un pouquiño mais. Apertas.
As dúas, menudo par. Quero dicir que a primeira é o seu primeiro neto e a segunda é o terceiro, pero despois de vinte anos é como se fose outro, xa que vai moito tempo.
A verdade é que non hai queixa de ningunha das duas, espero que estean por moitos anos para veren crecer o neno, porque os avós tamén son moi importantes coma o resto da familia, pero un avó é un avó.
Hoxe fun instalarlle a filla do Gómez unhos programillas, e como é de supoñer nestas cousas sempre se tarda un pouquiño, en fin que tumba que dalle e dalle que tumba o final quedámosnos a cear. A verdade é que ver a dous raparigos "Mikel e Ares", tan pequenos os dous non sei que da pero a escea de velos comer aos dous nos peitos das súas nais e algo que no se pode describir cas palabras. E bueno como non vai a ser menos, o viño que non falte, a familia Gómez, como sempre, moi ben e boeno, que xa son as 00:00 da noite e o bebe a chorar, por certo Begoña ten unha mao impresoante, poque os nenos no seu regazo non choran, hai que levarllos para que teñan unha boa sesta. Saudos e se algén lé isto e ve as fotos, non dubides en escribir algún comentario.
Será cousa de tódolos cativos, que teñen que pasar polos gases. A verdades é que un pásao mal, pero non queda outra que ver como chora a vez que se intenta facer o posible para que non chore "cousa case imposible", pero no hay outra que aguantar.
En principio dende que o meu pequeno estaba na barriga da sua nai ata que sale.Iranse subindo fotos suscesivamente. Unha aperta a todo aquel que vexa isto.